Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación do contrato da obra proxecto de cubrición para actividades de educación física no CEIP Quiroga Ballesteros de Lugo.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, esta delegación acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de obra que a continuación se relaciona:

1. Forma de adxudicación: o contrato que se relaciona a continuación foi adxudicado mediante concurso público e procedemento aberto, ó amparo do disposto nos artigos 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

1.1. Obxecto do contrato:

Proxecto de cubrición para actividades de educación física no CEIP Quiroga Ballesteros de Lugo.

Contratista: Técnicos Unidos para la Construcción, S.A. Tuconsa.

Importe da adxudicación: 9.620.000 ptas.

Data da adxudicación: 10 de agosto de 1999.

Lugo, 30 de setembro de 1999.

Xesús Pablo González Moreiras

Delegado provincial de Lugo