Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/253-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Montecelo VV. Sociais.

Situación: Miño e Paderne.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al de 55 m de lonxitude, con orixe no apoio liña Eume-Pedrido e final no C.T. Montecelo VV. Sociais, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabri

cada, de 160 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Montecelo-VV Sociais, do que parte unha rede sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 180 m de lonxitude e un unha saída subterránea, en conductor R.V. e 18 m de lonxitude. Miño e Paderne.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña