Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/252-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Vicente.

Situación: Vilasantar.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 40 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. San Vicente, existente, e final en C.T. San Vicente que se vai instalar. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en San Vicente. Redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 159 m de lonxitude, desde o C.T. San Vicente 1.086 m de lonxitude, nos lugares de Pereiro, Vaamonde e Peteiro de 481 m de lonxitude nos lugares de Vilar e Liñares. Vilasantar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña