Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Filoloxía-Vite IX-Burgo-Auditorio.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 1.030 m de lonxitude, con orixe no C.D. Filoloxía (particular) e final no C.T. Auditorio, unha vez entre e saia do C.T. Burgo. Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña