O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental someteranse ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da canteira de area Penas de Fonfría, situada en terreos do concello Vilalba, provincia de Lugo, e solicitado por Juan José Guerrero Vázquez.
Para os efectos informativos porase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da delegación provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1999.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria