Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/388-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C..T. e R.B.T. Pardellas.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio que se vai intercalar na L.M.T. A.T.I. 721 anterior á derivación ó C.T. cuvi ata o C.T. que se proxecta en Pardella, concello de Vigo. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 21 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra