Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.087

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Sara Garrido Blanco.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 4 da Coruña tramítase o recurso nº 184/1999 (procedemento abreviado), interposto pola referida aspirante contra a convocatoria do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario (DOG nº 9, do 15 de xaneiro). En concreto, contra a previsión de que poida concorrer ó proceso, pola quenda de promoción interna, o persoal estatutario fixo pertencente ó mesmo grupo de clasificación ou a calquera dos grupos inferiores ó da categoría á que se pretende acceder (base segunda. Punto 3).

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en parte no xulgado, como demandados, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos