Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se anuncia a iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte integrado por oito leiras individuais, en conxunto, denominado A Lampaza e O Cruceiro, a favor dos veciños de Ponte Ambía de Arriba, Ponte Ambía de Abaixo, Pumares, Cachagonza, O Pazo e Vilar, no concello de Baños de Molgas (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada o día 18 de novembro de 1998, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte integrado por oito leiras individuais, en conxunto, denominado A Lampaza

e O Cruceiro, e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Abel Carvajales Santaeufemia e Miriam López Areal, en virtude do punto terceiro do acordo da reunión do 30 de setembro de 1998.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Baños de Molgas.

Monte denominado: A Lampaza e O Cruceiro, integrado por oito leiras individuais, en conxunto.

Comunidade propietaria: veciños de Ponte Ambía de Arriba, Ponte Ambía de Abaixo, Pumares, Cachagonza, O Pazo e Vilar.

Superficie: 41.967 m aproximadamente en conxunto.

Monte: A Lampaza, integrado por sete leiras.

Superficie: 38.070 m, aproximada.

Parcela nº 1.

Superficie: 1.050 m, aproximada.

Estremas:

Norte: camiño.

Leste: camiño.

Sur: estrada Salgueiros-Viñal.

Oeste: herdeiros de José Rodríguez.

Parcela nº 2.

Superficie: 7.500 m, aproximada.

Estremas:

Norte: Antonio Gómez e herdeiros de Erundina Rejo.

Leste: estrada de acceso a Cachagonza.

Sur: estrada Salgueiros-Viñal.

Oeste: camiño.

Parcela nº 3.

Superficie: 1.590 m, aproximada.

Estremas:

Norte: Antonio Gómez e Alfredo Vara.

Leste: Alfredo Vara.

Sur: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela nº 4.

Superficie: 5.287 m, aproximada.

Estremas:

Norte: estrada de Salgueiros-Viñal.

Leste: camiño.

Sur: camiño.

Oeste: herdeiros de Antonio Cid.

Parcela nº 5.

Superficie: 15.100 m, aproximada.

Estremas:

Norte: camiño.

Leste: Ester Borrajo e Rudesindo Tesouro.

Sur: ferrocarril.

Oeste: Antonio Calvo.

Parcela nº 6.

Superficie: 7.560 m, aproximada.

Estremas:

Norte: ferrocarril.

Leste: herdeiros de Domicilio Fernández.

Sur: camiño.

Oeste: herdeiros de Antonio Cid.

Parcela nº 7.

Superficie: 620 m, aproximada.

Estremas:

Norte: camiño.

Leste: camiño.

Sur: Gerardo Gavilanes.

Oeste: Gerardo Gavilanes.

Monte: O Cruceiro, integrado por unha leira.

Superficie: 3.260 m, aproximada.

Parcela nº 8.

Superficie: 3.260 m, aproximada.

Estremas:

Norte: José Rejo e Asunción Coello.

Leste: José Gavilanes.

Sur: Angel Garrido e Gerardo Garrido.

Oeste: estrada O Pazo.

No interior deste monte atópanse: antiga escola, depósito de auga, transformador de Fenosa e carreiro de SO a NL.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 22 de setembro de 1999.

Miriam López Areal

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense