Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 21 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se anuncia a iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Monte Rudeiro, a favor dos veciños de Pradobó, parroquia de Palmés, no concello de Ourense.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada o día 18 de novembro de 1998, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal

en man común do monte denominado Monte Rudeiro, e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miriam López Areal, en virtude do punto terceiro do acordo da reunión de data 30 de setembro de 1998.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Ourense.

Monte denominado: Monte Rudeiro.

Comunidade propietaria: veciños de Pradobó, parroquia de Palmés.

Superficie: 11 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: monte comunal do Pereiro.

Sur: monte comunal de Amoeiro.

Leste: propiedades de Pradobó: Cándido Fernández, José Iglesias, Concepción Hermilla, José Araújo Fernández, Constantino Álvarez Pérez, Eduardo Rodríguez, Claudio Fernández.

Oeste: monte comunal do concello de Amoeiro.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de setembro de 1999.

Miriam López Areal

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense