Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 6 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra en Vigo, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social 153/1999 e catro máis.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (artigo 59 da Lei de procedemento administrativo de 1992) por esta cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións na orde social.

Fáiselle saber ós interesados que poden formular recurso de alzada por conducto desta delegación, perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselles que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboa-la multa imposta na conta: conta de recadación de multas e sancións número 04045001063-3 de Caixavigo, oficina praza Berbés de Vigo, xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Na Delegación Provincial de Xustiza, Interior o Relacións Laborais de Pontevedra en Vigo séguense os expedientes de sanción que a seguir se relacionan, referidos ás empresas que así mesmo se sinalan, sendo os seus encabezamentos e partes dispositivas do seguinte teor literal:

EmpresaDomicilio/localidadeNº expedienteData Res.

Delg. Prov.

Preceptos

infrinxidos

Preceptos

sancionadores

Sanción

imposta

Frutas La Vega, S.L.Barcelona, 35, Vigo153/1999

1675/1998 (AI)

26-4-1999Artigo 45.1º da Lei 31/1995.Artigos 47.3º e 49.1º da Lei 31/1995250.001 ptas.

Disconsa, S.LRúa do Castelo, Parada, Nigrán215/1999

349/1999 (AI)

2-8-1999Artigos 1, 2, 3, 4 e 6 do R.D. 773/1997 e 45 da Lei 31/1995.Artigos 46.4º e 49 da Lei 31/199550.000 ptas.

Comercial de Pavimentos y Fachadas, S.L.Manuel Quiroga, 16, Pontevedra253/1999

2008/1998 (AI)

8-6-1999Artigos 17.2º da Lei 31/1995 e 3 e 4 do R.D. 773/1997.Artigos 47.16º f) e 49.1º da Lei 31/1995250.001 ptas.

Cosarte, S.L.Rúa 56, 6 baixo, Lalín254/1999

2066/1998 (AI)

8-6-1999Artigo 19.1º do Estatuto dos traballadores e artigos 3, 4, 5 e 7 do R.D. 773/1997.Artigos 46.4º, 47.16º f) e 49 da Lei 31/1995540.002 ptas.

Cnes. Rivagar, S.L.Alonso Ojeda, 9 Vigo415/1999

3/1999 (AI)

22-7-1999Artigo 14 da Lei 31/1995 e 11 do R.D. 1627/1997.Artigos 46.4º e 49.1º da LPRL50.000 ptas.

E para a súa inclusión no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que lles sirva de notificación en forma ós interesados, actualmente en paradoiro descoñecido, fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para presentaren recurso de alzada por conducto desta delegación, perante o director xeral de Relacións Laborais, no termo dun mes, contado desde o seguinte día ó da súa publicación.

Vigo, 6 de outubro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra