Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.017

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4591/1999).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Luis Sánchez González, en nome e representación de Empresa Raúl, S.A., contra resolución da CPTOPV do 21-4-1999 (DOG do 21 de xuño), sobre adxudicación definitiva dunha concesión do servicio público regular de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada.

Recurso número: 02/0004591/1999.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 19 de outubro de 1999.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado