Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.017

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999 pola que se nomea catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de filosofía moral, do departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa, a Cristina Caruncho Michinel (praza 67/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 1 de decembro de 1998 (BOE do 23) para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de filosofía moral, do departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa, a favor de Cristina Caruncho Michinel con documento nacional de identidade número 76.354.334, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Cristina Caruncho Michinel catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de filosofía moral, do departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous

meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 15 de outubro de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo