Visto o acordo da Comisión de Reclamacións do Claustro Universitario desta universidade, adoptado na súa reunión do 24 de setembro de 1999, polo que se ratifica a proposta formulada pola comisión encargada de xulga-lo concurso convocado por Resolución do 5 de xuño de 1998 (BOE do 29 de xuño) para a provisión da praza número 98/049 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación desta universidade, a favor de Manuel Francisco González Penedo, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Francisco González Penedo profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación desta universidade.
A Coruña, 13 de outubro de 1999.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña