Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.014

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 22 de outubro de 1999 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, de 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no citado anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, nos seus servicios provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude figura como anexo II a esta orde.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia cotexada, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e, unha vez concedido pola súa

Administración de orixe, procederase a adxudicarlle-lo posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG, o dito funcionario non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non estar resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto este e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo, e dun mes se radica en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

Este prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Non obstante, se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente

recurso de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase impugnar directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

ANEXO I

Código do posto: AG.A02.00.000.15770.003.

N.: 28.

C. Espec.: 1.703.640.

Gr.: AB.

Corpo: especial.

Denominación do posto: xefe Servicio Axudas PAC.

Dependencia: Subdirección Xeral do Ilgga.

Localidade: Santiago de Compostela.