Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.004

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 281/1999, do 4 de novembro, polo que se dispón que cese Joaquín del Moral Crespo como director xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de novembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Joaquín del Moral Crespo como director xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, catro de novembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio