Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da Alcaldía do 25 de outubro de 1999 o prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerá no concurso público, con procedemento aberto, tramitación urxente, para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto técnico de remodelación da intersección da rúa Xeneral Franco coa rúa Pedro Castiñeiras e substitución do actual paso baixo a ponte de Feve por outro de nova construcción, exponse ó publico polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Así mesmo, publícase o seguinte anuncio de licitación, se ben esta quedará aprazada cando sexa necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Anuncio de concurso.

Obxecto: a contratación da asistencia técnica para redacción do proxecto técnico de remodelación da intersección da rúa Xeneral Franco coa rúa Pedro Castiñeiras e substitución do actual paso baixo a ponte de Feve por outro de nova construcción.

Orzamento: cinco millóns de pesetas, IVE incluído.

Información: Secretaría Municipal-Negociado de Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, Negociado de Contratación ata as 14 horas do día dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP o no DOG.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do/s adxudicatario/s.

Ortigueira, 26 de outubro de 1999.

Antonio Campo Fernández

Alcalde