Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:

Obxecto: ordenación e acceso ó cemiterio municipal de Liáns.

Orzamento de licitación: 10.584.062 ptas., (IVE incluído).

Fianzas.

Provisional: 211.681 ptas.

Definitiva: 423.362 ptas.

Prazo de execución: setenta e cinco (75) días.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP, ata as 13 horas.

Prego de concidións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 19 de outubro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa