Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.941

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de outubro de 1999 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 26 de agosto de 1997 para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Polas ordes do 26 de agosto de 1997 (DOG nº 198 e 199, do 14 e 15 de outubro respectivamente), convocáronse procesos selectivos para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, e do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

As propostas dos aspirantes que superaron estes procesos selectivos foron elevadas a definitivas mediante as ordes do 30 e 20 de xullo de 1999 (DOG nº 151 e 164 do 6 e 25 de agosto respectivamente).

Co obxecto de que os citados aspirantes poidan acceder á condición de funcionarios é necesario, con carácter previo, proceder á elección de destino; por todo isto, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron os procesos selectivos celebrados para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, para a elección de destino definitivo, en único chamamento, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, o día 9 de novembro de 1999, co seguinte horario:

Ás 8.45 horas serán convocados os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, para o acto de petición de postos que terá lugar ás 9 horas, podendo

elixir, segundo a orde acadada no proceso selectivo e de acordo coa correspondente materia, os postos que se relacionan no anexo I, sempre que reúnan as condicións esixidas nel.

Ás 11.15 horas serán convocados os funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, para o acto de petición de posto que terá lugar ás 11.30 horas, podendo elixir segundo a orde acadada no proceso selectivo e de acordo coa correspondente materia, os postos que se relacionan no anexo II sempre que reúnan as condicións esixidas nel.

En primeiro lugar elixirán dentro de cada corpo e materia os funcionarios que accedesen pola quenda de promoción interna e a continuación os de acceso libre e todos eles de acordo coa orde de prelación de puntuación obtida nos distintos procesos selectivos.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes, seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles corresponden atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido nos procesos selectivos, unha vez rematado o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes presentes ou representados, e entre as que quedaron sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública