Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.935

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1999 pola que se inscribe a Asociación Cultural Grupo de Guías Sant-Yago no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Cultural Grupo de Guías Sant-Yago, con data do 5 de outubro de 1999.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural Grupo de Guías Sant-Yago quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 110.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1999.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo