En atención ós méritos que concorren en Miguel Ángel Rodríguez Echeverría, presidente da República de Costa Rica, e ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle-la súa máis alta distinción.
Polo tanto e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e nove,
DISPOÑO:
Concederlle-la Medalla de Ouro de Galicia a Miguel Ángel Rodríguez Echeverría, presidente da República de Costa Rica.
Santiago de Compostela, vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e nove.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública