Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/172-2, 5081 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: R.B.T. en Lourenzá.

Situación: Lourenzá.

Características técnicas: R.B.T. aérea e subterránea do C.T. de Rúa do Val de 490 m a 380/220 V sobre apoios de formigón grampada e baixo tubo en conductor R.Z. e R.V. R.B.T. aérea do C.T. de Ermida de 640 m a 380/220 V sobre apoios de formigón e grampada en conductor R.Z. R.B.T. aérea e subterránea do C.T. de único de 490 m a 380/220 V grampada e baixo tubo en conductor R.Z. e R.V. R.B.T. aérea do C.T. de Maradona de 830 m a 380/220 V sobre apoios de formigón e grampada en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 7 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo