Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 28 de setembro de 1999, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01560-O-1998 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e último enderezo coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expe

dientes sancionadores que poden dar lugar ás sacións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 28 de setembro de 1999.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

ANEXO

Expediente. Matrícula. Denunciante: PO-1560-O-98. M-2847-WL. Garda Civil de Tráfico.

Denunciado. Último enderezo coñecido: Félix Ricardo Gallego Menor. Nosa Sra. da Saínza, 4-6 A Ourense.

Feito denunciado. Data. Hora. Estrada. p.k.: circular cun vehículo en réxime de aluger sen conductor por un período do 29-9 ó 30-10 transportando diversos productos de regalo e promoción sen acreditar tenza de tarxeta de transportes. 3-10-1998. 23.30. N-525. 292.

Precepto infrinxido: artigo 23 da O.M. do 20-7-1995 (BOE do 2 de agosto).

Precepto sancionador: 143 LOTT. 201 ROTT.

Sanción proposta: 5.000 ptas.

Expediente. Matrícula. Denunciante: PO-01834-O-98. M-8513-JM. Garda Civil de Tráfico.

Denunciado. Último enderezo coñecido: Rober & Carlos, S.L. Avda. de Cambados, 2, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Feito denunciado. Data. Hora. Estrada. p.k.: transportar mobles carecendo de taxeta de transportes. Realiza un servicio privado complementario. 5-11-1998. 11.10. A-9. 128.

Precepto infrinxido: artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 LOTT. 201 ROTT.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

Expediente. Matrícula. Denunciante: PO-01880-O-98. PO-6085-AB. Garda Civil de Tráfico.

Denunciado. Último enderezo coñecido: T.B. Brokers, S.L. Canido, 221, Vigo, Pontevedra.

Feito denunciado. Data. Hora. Estrada. p.k.: circular transportando palés carecendo da tarxeta de transportes. 12-11-1998. 11.15. N-552. 0,800.

Precepto infrinxido: artigo 199.b) do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 LOTT. 201 ROTT.

Sanción proposta: 5.000 ptas.