Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.901

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (791/1999-3).

Eu, Ramón Fernández Agra, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado número 791/1999-3, se notifica a 3S Control y Servicios, S.L., a providencia de emenda con data do 2-9-1999 dictada neles, co contido que segue:

«Providencia do maxistrado-xuíz Ramírez Sineiro.

A Coruña, 2 de setembro de 1999.

Pola que S. Sª, tendo en conta o contido dos autos número 791/1999 do Xulgado do Contencioso-Admnistrativo número un da Coruña e antes de admiti-lo recurso a trámite, acorda requiri-la parte actora, mediante notificación desta providencia, co fin de que achegue:

1. Acordo previo decisorio adoptado por órgano estatutariamente competente daquela razón social promovente para a interposición deste recurso, esixible conforme o teor do artigo 45.2º d) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

2. Poder de letrado que acredite a súa representación dos recorrentes ou outorgue o mesmo apud acta perante este xulgado.

3. Ó resultar, ademais, aplicable a vía procedemental correspondente ó procedemento abreviado, omitida aquela preceptiva interposición directa de demanda de conformidade a contrario sensu cos artigos 78.2º e 45.3º da dita lei,

Acorda outorgar oportuno prazo de dez (10) días co fin de que aquel promovente emende os defectos procedementais mencionados, con expresa advertencia do arquivo das actuacións.

Mándao e asina S. Sª., do que como titular da súa secretaría por substitución dou fe».

Dilixencia.

A seguir dáse cumprimento ó anteriormente acordado, do que como titular da súa secretaría por substitución dou fe. Lugar e data ut supra.

E para que lle sirva de notificación ó demandado, 3S Control y Servicios, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña o 14 de outubro de 1999.

Ramón Fernández Agra

Secretario