Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.901

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (80/1999-4).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia do día da data, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co nº 80/1999-4, por instancia de José Vila Noal, en nome da mercantil Fincas para Aldeas Naturales, S.L., para facer constar no Rexistro da Propiedade a inmatriculación, de tal maneira que a súa descrición sería a seguinte:

Urbana, casa de planta baixa, planta alta e aproveitamento baixo cuberta, sita no lugar de Lapido, concello de Ames, sinalada co número 40, da superficie construída, na planta alta, de cento oito metros e trinta e catro decímetros cadrados e, na planta alta, de sesenta e oito metros e noventa decímetros cadrados e, na planta baixo cuberta, de trinta e dous metros e oitenta decímetros cadrados. Unido a ela, polo seu vento nordés, un terreo que, en unión do que ocupa a planta da casa, integra un só predio, da extensión de cento quince metros cadrados, que estrema: norte, Carmen Antelo Ferri; sur, camiño; leste, camiño e María Felicidad Mariño; e oeste, camiño. A casa descrita atópase en estado ruinoso, carente de cuberta e de forxado da planta alta.

Por medio deste edicto cítanse cantas persoas ignoradas poidan ser afectadas por este expediente e prexudicadas pola inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegaren canto ó seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria e, en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, trece de outubro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado