Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.897

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 26 de outubro de 1999, da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se modifica o 252/1992, do 30 de xullo, polo que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal dos citados postos correspondentes ó persoal laboral das categorías 4 e 63 do grupo III.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 7 de xullo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se modifica o 252/1992, do 30 de xullo, e a resolución anteriormente citada, e á vista das solicitudes presentadas para as categorías 4 e 63 do grupo III (lista B), a Comisión Permanente de Selección, de conformidade co baremo establecido no artigo 12 do dito decreto,

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as relacións dos solicitantes para a cobertura, con carácter temporal, de

postos de traballo reservados a persoal laboral correspondente á categoría 4 e 63 do grupo III (lista B), da forma que seguidamente se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación no Diario Oficial de Galicia, para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas provisionais, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo III: 7.515 pts.

Os que así non o fixeran no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición na categoría correspondente os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base 3ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1999.

Ramón del Valle López

Presidente da Comisión Permanente de Selección de Persoal