Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.896

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 26 de outubro de 1999, da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se modifica o 252/1992, do 30 de xullo, polo que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal dos citados postos correspondentes ó persoal laboral da categoría 4 do grupo III.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 7 de xullo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se modifica o 252/1992, do 30 de xullo, e a resolución anteriormente citada, e á vista das solicitudes presentadas para a categoría 4 do grupo III (lista A), a Comisión Permanente de Selección, de conformidade co baremo establecido no artigo 12 do dito decreto,

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as relacións dos solicitantes para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondente á categoría 4 do grupo III (lista A), da forma que seguidamente se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión. Ademais, tódolos excluídos que figuran sinalados cun asterisco (*)

deberán presenta-la titulación académica requirida para o acceso á categoría respectiva.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación no Diario Oficial de Galicia para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I sinalados cun asterisco (*) teñen a consideración de admitidos con carácter provisional, e deberán enviar, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral

da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), o xustificante da titulación académica requirida para o acceso á categoría respectiva. No caso de que non a presenten no prazo establecido quedarán excluídos das listas.

Quinto.-En todo caso, e sen prexuízo do anterior, terán que acreditar no momento no que acepten o posto de traballo que se lles oferte a documentación precisa, tal e como se dispón na base 4ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999.

Sexto.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición das listas da categoría 4 do grupo III, quedarán sen efecto as listas das ditas categorías elaboradas anteriormente, tal e como se establece na base 6ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 7 de xullo).

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1999.

Ramón del Valle López

Presidente da Comisión Permanente de Selección de Persoal