Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.874

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de autubro de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O Decreto 258/1999, do 17 de setembro (DOG nº 190, do 30) modifica o Decreto 70/1997, do 14 de marzo, de estructura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo IGVS, creando a Dirección Técnica de Supervisión e Asesoramento.

Todo isto fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do

día catorce de outubro de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catorce de outubro de ml novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Modificacións:

* Nas páxinas 8.688 e 8.689, no centro de destino SECRETARÍA XERAL, os seguintes postos cambian de código por pasar a depender da DIRECCIÓN TÉCNICA DE SUPERVISIÓN E ASESORAMENTO:

-O posto OT.A02.00.000.15770.010.-AUXILIAR ADMINISTRATIVO, pasa a ser OT.A06.00.000.15770.005.

-O posto OT.A02.00.000.15770.022. XEFE DE SECCIÓN DE SUPERVISIÓN, pasa a ser OT.A06.00.000.15770.012.

-O posto OT.A02.00.000.15770.023. XEFE DE NEGOCIADO DE SUPERVISIÓN, pasa a ser OT.A06.00.000.15770.016.

* Na páxina 8.690, no centro de destino ÁREA PROVINCIAL DE A CORUÑA, no posto OT.A99.10.000.15001.039. INSPECTOR-VIVENDA, na columna Formación específica engádese 516.

* Na páxina 8.691, no centro de destino ÁREA PROVINCIAL DE LUGO, no posto OT.A99.10.000.27001.030. INSPECTOR-VIVENDA, na columna Formación específica engádese 516.

* Na páxina 8.692:

-No centro de destino ÁREA PROVINCIAL DE OURENSE, no posto OT.A99.10.000.32001.027. INSPECTOR-VIVENDA na columna Formación específica engádese 516.

-No centro de destino ÁREA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, no posto OT.A99.10.000.36001.030. INSPECTOR-VIVENDA, na columna Formación específica engádese 516.

Supresións:

* Na páxina 8.691, no centro de destino ÁREA PROVINCIAL DA CORUÑA, suprímese o posto de traballo OT.A99.10.000.15001.066. ARQUITECTO TÉCNICO DA UNIDADE TÉCNICA.

Persoal laboral

Na RPT do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) publicada no DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, na páxina 8.717, no centro de destino ÁREA PROVINCIAL DA CORUÑA, suprímese o posto de traballo OT.A99.10.000.15001.109-VARREDOR.