Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.872

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de outubro de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

A amplitude e diversidade das competencias da Inspección Xeral de Servicios, a dimensión da Administración galega sobre a que se proxecta a súa actuación e a complexidade técnica dalgunhas das súas actuacións e moi especialmente do Programa de Avaliación do Rendemento que inclúe tódalas unidades administrativas da Xunta de Galicia, moitas delas de carácter técnico, unido á experiencia adquirida, aconsellan configura-la Inspección Xeral de Servicios como un equipo multidisciplinar que permita coñecer e profundar, con coñecemento de causa, o funcionamento non só das áreas de xestión da Administración senón tamén das áreas técnicas moi importantes nalgunhas consellerías.

Por outra parte, o Decreto 374/1998, do 29 de decembro (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999) establece unha nova estructura orgánica da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Todo isto fai necesario modifica-la relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de outubro de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

PR.P11.00000.15770.001Secretario/a do secretario/a xeralArtigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Posto de confianza.

CódigoDenominaciónMotivación

PR.P11.00002.15770.015Sección de habilitaciónPosto de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do catorce de outubro de mil novecentos noventa e nove, relativo á notificación

da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública