Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 25 de outubro de 1999 pola que se convoca concurso público para a contratación dun arrendamento dunha fotocopiadora con destino á Escola Galega de Administración Pública.

Advertido erro na colocación do devandito anuncio, publicado no DOG nº 210, do 29 de outubro pasado (páxina 12.778), cómpre face-la oportuna corrección no sentido de que en lugar da súa situación en III. OUTRAS DISPOSICIÓNS debe estar situado en VI a) ANUNCIOS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA.