Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con tramitación urxente, para a contratación da subministración e instalación de material técnico de laboratorio e moblaxe para equipamento dos postos de inspección fronteiriza (PIF) dos portos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Laxe.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais. Área de Planificación e Explotación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de material técnico de laboratorio e moblaxe para o equipamento dos postos de inspección fronteiriza dos portos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Laxe.

b) Lugar de execución: postos de inspección fronteiriza dos portos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Laxe.

c) Prazo de execución: un (1) mes contado a partir da data de notificación da adxudicación do concurso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación.

Importe total: 5.365.000 ptas. (32.244,29 euros).

5. Garantías.

Provisional: 107.300 pesetas (644,89 euros).

Definitiva: 214.600 pesetas (1.289,77 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia, ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura farase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

a) Medios de xustificación da solvencia económica e financeira: acreditarase por un ou varios dos seguintes medios:

-Informe de institucións financeiras.

-Para sociedades, balances e extractos de balances.

-Declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

b) Medios de xustificación da solvencia técnica: acreditarase por un ou varios dos seguintes medios:

-Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre eles.

-Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

-Indicación dos técnicos ou das unidades integradas ou non na empresa, participantes no contrato, especialmente daqueles encargados do control de calidade.

-Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade de artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia