Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución dos estatutos da Asociación Clúster del Naval Gallego (Aclunaga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 9/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Clúster del Naval Gallego (Aclunaga), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas das que a súa facturación proceda directa ou indirectamente da industria do sector naval, e a súa actividade industrial estea integrada dentro das denominadas industrias auxiliares do sector naval, e que teñan o domicilio social na Comunidade Autónoma galega.

Asinan a acta de constitución: Luis Fernández Fernández como secretario da asemblea constituínte, co visto e prace do presidente da dita asemblea, José Francisco González Viñas.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais