Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.829

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1999 pola que se convocan unhas Xornadas internacionais sobre xustiza e reformas procesuais.

Dentro do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1999 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración coa Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela, unhas Xornadas internacionais sobre xustiza e reformas procesuais, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Con estas xornadas preténdese acadar unha dobre finalidade. Dunha banda, ofrecer un panorama detallado e promover un profundo debate sobre a situación actual da Administración de xustiza en España, nos países do noso contorno e en Latinoamérica, a través da óptica dos diferentes responsables políticos e dos operadores xurídicos. Doutra parte, mellora-los coñecementos dos asistentes sobre as reformas producidas nos últimos tempos, que se están levando a cabo no ordenamento procesual español. Neste sentido dedicarase unha especial atención á reforma do proceso civil, tarefa que ocupa actualmente as nosas cámaras e que desembocará na promulgación da nova Lei de axuizamento civil con pretensión de converterse en lei procesual común.

Segunda.-Contido.

Trataranse estes temas:

-A situación actual da xustiza en España.

-A xustiza en Europa e América.

-A nova Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

-A reforma do proceso laboral.

-A reforma do proceso penal.

-O proxecto da LAC.

Terceira.-Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega, xuíces, avogados, profesionais do dereito, alumnos de escolas de práctica xurídica, alumnos da universidade e interesados en xeral.

Cuarta.-Desenvolvemento.

-Horario: as sesións serán de mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas terán lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela) os días 22, 23 e 24 de novembro de 1999.

Quinta.-Inscrición.

-Prazo: remata o xoves, día 18 de novembro de 1999.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemen

to administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 37.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando, o día 19 de novembro, por teléfono, das 10 ás 14.45 horas, ós seguintes números da EGAP: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública