Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.828

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 25 de outubro de 1999 pola que se conceden os premios para o fomento da reducción dos residuos domésticos en Galicia.

Por Orde do 31 de maio de 1999 (publicada no DOG nº 106, do 4 de xuño), foron convocados os premios para o fomento da reducción de residuos en Galicia, co fin de elixi-las mellores ideas e iniciativas cara á reducción na producción deste tipo de residuos.

No artigo 6.3º da citada orde prevese que o conselleiro de Medio Ambiente emitirá a orde definitiva pola que se conceden estes premios. Neste sentido, o xurado previsto na convocatoria, na súa reunión do pasado día 14 de outubro, emitiu o seu dictame, no que se fundamenta o contido desta orde.

Polo tanto, en uso das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía e o Decreto 482/1997, do 26 de decembro

RESOLVO:

Artigo 1º

De acordo co disposto na Orde do 31 de maio de 1999, e trala deliberación do xurado que tivo lugar o pasado día 14 de outubro, concédense os premios para o fomento da reducción dos residuos domésticos ás ideas que se relacionan no anexo a esta orde.

Artigo 2º

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación e seralles comunicada persoalmente ós premiados.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

A Coruña

PremioLema ou pseudónimoAutor

1º premio:

750.000 ptas.

Porque o futuro está nas túas mans, reduce o teu lixoCarlos Javier Carretero Sanromán

Juan José Pernas García

2º premio:

500.000 ptas.

O aceite da vidaJosé Ángel Caínzos Fernández

3º premio:

250.000 ptas.

Menos lixo e máis calidade de vidaMª Isabel Crespo Rodríguez

Lugo

PremioLema ou pseudónimoAutor

1º premio:

750.000 ptas.

O PomboAurora Miñano García

2º premio:

500.000 ptas.

Las tres erresRaquel Carballido Reboredo

Virginia Fradejas Alonso

3º premio:

250.000 ptas.

Reutilizar no te cuesta nadaMª Otilia Castro Álvarez

Pastora Bello Bugallo

Ourense

PremioLema ou pseudónimoAutor

1º premio:

750.000 ptas.

DesertoDeserto

2º premio:

500.000 ptas.

MidasXulio López Pérez

Jesús González Quintela

3º premio:

250.000 ptas.

O que atopa pode que non buscase nadaMarcos J. Domínguez Gondelle

Pontevedra

PremioLema ou pseudónimoAutor

1º premio:

750.000 ptas.

Clasificar también es reducirAna Soengas Novoa

2º premio:

500.000 ptas.

p (3.14159...)José Manuel Covelo Sánchez

3º premio:

250.000 ptas.

ColmeamJaime Leiro Otero