Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.820

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de mármores e pedras.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de mármores e pedras, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-9-1999, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Materiales para a Construcción e a Asociación Gallega de Graniteiros, e da parte social, polas

centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 20-9-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de outubro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial do sector

de mármores e pedras de Pontevedra-1999

Artigo 1º.-Partes signatarias.

Son partes signatarias do presente convenio, dunha parte as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, como representación laboral, e doutra parte a Asociación Provincial de Materiales para la Construcción (Sección de Mármores e Pedras) e a Asociación Gallega de Graniteros, en representación empresarial.

Ambas recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 32 do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, o presente convenio obrigará a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas que se dediquen ás actividades de pedra e mármore, incluíndo as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual, de acordo co estipulado no anexo II do convenio xeral da construcción, letra a).

Artigo 4º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo terá unha vixencia dun ano, desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1999, e entrará en vigor ós 30 días da súa sinatura. Non obstante, as táboas salariais terán efectos desde o día 1 de xaneiro de 1999. Para evita-lo baleiro normativo que noutro caso se produciría unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como no obrigacional, ata que sexa substituído por outro.

Artigo 5º.-Procedemento de denuncia.

Para dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º d) do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para inicia-la negociación do convenio que o substitúa.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das pactadas, serán respectadas.

As condicións máis beneficiosas que, con carácter colectivo, estean recoñecidas en convenios colectivos de ámbito inferior e anteriores ó Convenio Xeral da Construcción manteranse ata o vencemento dos ditos convenios. Unha vez producido este vencemento, as materias negociadas neste convenio xeral rexeranse polo disposto nela que, apreciando no seu conxunto e sendo posterior, consideran norma máis favorable as representacións asinantes.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio, que estará composta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das representacións que tomaran parte na negociación do convenio. Unha e outra poderán dotarse de asesores.

Artigo 8º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderán realizarlles ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son as adecuadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional, antes da súa admisión na empresa, será sometido a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo percibir para iso a documentación necesaria e asinalo.

Artigo 9º.-Recoñecementos médicos.

Tódalas empresas están obrigadas a solicitar das mutuas patronais un recoñecemento médico anual

para os traballadores que presten os seus servicios nas empresas do sector, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose, non alcanzando esta obriga a tódalas empresas que leven a efecto dito recoñecemento polos seus propios medios ou a través dunha entidade aseguradora.

Os resultados serán facilitados inmediatamente ó traballador afectado cando o solicite.

Artigo 10º.-Contratación.

a) Contrato para traballo fixo de obra: é o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalízase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

Primeiro: con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría, deberá comunicarse por escrito ó traballador cunha antelación de 15 días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Segundo: non obstante o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento do traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior. Cumprido o período máximo de tres anos, se non mediara comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo. En canto ó aviso do cesamento, aplicarase o pactado no suposto primeiro.

Terceiro: se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario principal e allea á súa vontade, tras dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no suposto primeiro. A representanción dos traba

lladores do centro ou no seu defecto, a comisión paritaria, disporá, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desapareceran. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra, poderá incluírse no regulado no suposto segundo.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,5% calculada, sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

b) Outras modalidades de contratación:

1. Os traballadores que formalicen outros contratos dos regulados nos reais decretos 2546/1994 e a Lei 42/1994, ou normas que os substitúan terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización por conclusión do 7% se a duración fora inferior a 181 días e do 4,5% se a duración fora igual ou superior a 181 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicables devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

2. As empresas afectadas por este convenio, cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal, garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles correspondan ós seus traballadores en aplicación do seu correspondente convenio colectivo ou pacto de empresa. Esta obriga constará expresamente no contrato de posta a disposición realizado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria.

Artigo 11º.-Contratos de duración determinada do artigo 15.1º b) E.T.T.

1. Cando o contrato de duración determinada previsto no punto 1.b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores se concerte para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, nese suposto, a duración máxima do contrato poderá ser de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a 12 meses poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poda exceder do dito límite máximo. O período de 18 meses computarase a partir da data da causa ou circunstancia que xustifique a súa utilización.

2. A indemnización por conclusión destes contratos será a prevista na letra b), do artigo 10º do presente convenio provincial.

Artigo 12º.-Procedemento de ascensos.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen un mando ou especial con

fianza, será de libre designación e revogación polas empresas.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, establecerá a empresa sistemas de carácter obxectivo; podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado funcións de superior categoría.

e) Superar satisfactoriamente probas que se propoñan, que deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vaia desempeñar.

Artigo 13º.-Retribucións salariais.

Aplicarase un incremento económico do 2,5% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, complementos salariais e extrasalariais.

De acordo co Art. 7 do Acordo Sectorial Nacional da Construcción para os anos 1999, 2000 e 2001, no suposto de que o incremento anual do IPC ó 31 de decembro de 1999 supere o 1,8% correspondente ó IPC previsto para 1999 nos orzamentos xerais do Estado, efectuarase unha revisión económica para ese ano no exceso producido afectando ós conceptos previstos no punto a) deste artigo, a efectos de que sirva de base para as táboas salariais dos convenios do 2000.

Artigo 14º.-Compensación pola supresión da antigüidade.

Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos térmos e previsións contidas na Resolución do 6 de novembro de 1996 da Dirección Xeral de Traballo e Migracións (BOE nº 281, do 21 de novembro), pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación do Acordo Sectorial Nacional da Construcción sobre o concepto económico da antigüidade, aplicarase durante os anos 1996, 1997 e 1998, con efecto do 1 de xaneiro de cada un destes anos, un incremento lineal de 10.000 ptas. por ano, para todolos niveis profesionais das táboas salariais.

Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito con data do 21 de novembro de 1996. Ó importe anterior engadiráselle a parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada na data antes referida, calculándose por defecto ou por exceso por anos completos, é dicir, computarase ano completo cando a fracción deste sexa igual ou superior a 0,5, e non se computará cando sexa inferior a 0,5.

Xúntase táboa (anexo), coas antigüidades xa consolidadas con data do 21 de novembro de 1996. Esta táboa tan só será aplicable a aqueles traballadores que na data sinalada tivesen, polo menos, dous anos de antigüidade na empresa.

Os importes da táboa manteranse invariables e por tempo indefinido como complemento retributivo ad

personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa. O dito complemento retributivo reflectirase nos recibos de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

1. O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

3. A contía das pagas extraordinarias de xuño e decembro será igual a unha mensualidade da táboa de salarios anexa a este convenio, máis a antigüidade consolidada, de se-lo caso.

Artigo 16º.-Premio de puntualidade e asistencia.

Establécese un premio de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito premio consistirá nunha cantidade mensual de 5.850 ptas., e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade, cando o traballador non estea no seu posto de traballo ou tallo, no momento de comeza-la xornada laboral. Tamén se considerará falta de puntualidade a suá incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a mencionada xornada de traballo.

2. Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% do premio de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

3. Se a incorporción do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comenzada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada, perdéndose o 10% do premio cada vez que se produza a dita falta.

4. No caso de ausencias xustificadas, a cantidade de 5.850 ptas. ratearase atendendo ós días efectivamente traballados.

5. A falta de asistencia dunha xornada de traballo, ocasionará a perda do 25% do premio.

6. As licencias establecidas no presente convenio provincial, convenio xeral da construcción e Estatuto dos traballadores, non serán consideradas como falta de puntualidade e asistencia.

Artigo 17º.-Incentivos.

As empresas afectadas por este convenio, con exclusión dos talleres de mármores que non teñan teares nen máquinas cortabloques, aboarán ós seus traballadores de fábrica ou taller, un incentivo por cada día de traballo efectivo de 8 horas ou proporcional de 481 ptas. por día de traballo efectivo ou proporcional. Nos talleres de mármores indicados o incentivo será de 98 ptas., por día de traballo efectivo ou proporcional.

As empresas que teñan establecido ou establezan no futuro sistemas de medida da productividade con

forme disposicións legais vixentes, garantirán que os seus traballadores poidan alcanzar como mínimo a cantidade sinalada no parágrafo anterior á actividade de 70 ou 120 segundo sistema.

Artigo 18º.-Transporte.

Establécese un plus de locomoción ou transporte que se percibirá con independencia do medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, incluso cando utilice medios de transporte propios da empresa.

As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo que non se computarán para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

En cumprimento do artigo 55.2.bis do convenio xeral da construcción, os complementos extrasalariais sumados non deberán exceder para o ano 2000, do 7% do total anual das táboas do convenio, para cada categoría ou nivel retributivo.

Artigo 19º.-Traballo en alturas. Traballos penosos, tóxicos e perigosos.

Aqueles traballadores que executen as súas labores a 5 ou máis metros de altura sobre o baleiro, terán dereito a que se lles aboe o correspondente complento de altura, que se establece no 20% do salario base da súa categoría.

No caso de traballos penosos, tóxicos e perigosos aplicarase o previsto no artigo 62 do convenio xeral da construcción.

Artigo 20º.-Traballos nocturnos.

O persoal que traballe entre as vintedúas horas e as seis horas da mañá, percibirá un complemento de traballo nocturno equivalente ó 25% do salario base da súa categoría. Respectaranse as condicións máis beneficiosas. Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase o complemento sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboarase o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas, e en calquera delas se traballe soamente unha hora do período nocturno, non será aboada esta con complemento de nocturnidade.

Artigo 21º.-Retribución das horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo, aboarase cun incremento do 75% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria. Para as horas extras realizadas en sábado ou domingo e festivos, o incremento será do 85%.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempo equivalente de descanso.

No suposto de que se realizara a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas no punto 2º do artigo 67 do convenio xeral.

Artigo 22º.-Complemento de prestación de IT.

En caso de baixa hospitalaria, as empresas completarán ós traballadores afectados a prestación económica por incapacidade temporal que por enfermidade común ou accidente laboral aboe a Seguridade Social ou mutua patronal, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización que corresponda en cada caso:

a) Mentras dure a permanencia no centro hospitalario.

b) En caso de que finalizada esta se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliaráselle a trinta (30) días mais.

c) En ambos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de cen (100) días.

d) Estas circunstancias acreditaranse documentalmente.

e) No caso de accidente laboral producido no centro de traballo, aboarase un complemento de 1.028 ptas., por día a partir do sétimo día de producida a baixa.

Artigo 23º.-Indemnización.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable, vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 5.250.000 ptas. en 1998; 5.500.000 ptas. en 1999; 5.750.000 ptas. no 2000 e 6.000.000 de ptas. no 2001.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

2. Agás designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización farase efectiva ó traballador accidentado, o no caso de de morte, ós beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

Artigo 24º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, de luns a venres, en xornada partida e 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada continuada.

2. A xornada ordinaria anual durante 1999 será de 1.760 horas.

3. Para adapta-la xornada ás 1.760 horas de xornada ordinaria anual acordadas para o ano 1999, fíxanse como festivos do convenio e aboables a tódolos efectos, os días seguintes: 18 de maio, 26 de xullo, 13 de agosto, 11 e 29 de outubro, 7, 24 e 31 de decembro. Estes días así mesmo non serán computables os efectos do desfrute das vacacións.

Nos concellos onde a festa local coincidise co día non laborable ou festivo de convenio, pasarase ó día inmediatamente seguinte. Nos concellos que a continuación se relacionan, fíxanse como festivos os

seguintes días: Portas: 22 de marzo e Vilagarcía de Arousa: 21 de maio. De común acordo entre empresanos e a representación dos traballadores, poderán modificarse os días de compensación.

4. Na sección de serradoiros de bloques, realizaranse tres quendas rotatorias, de acordo coa legalidade vixente.

5. Nas demais seccións, sempre que se estea facendo xomada partida, poderá cambiarse a quendas de mañá e tarde por períodos de tempo deteminados, logo de información ós representantes sindicais e de acordo co persoal afectado.

6. O persoal técnico e administrativo desfrutará de xornada continuada desde o 1 de xuño ó 15 de setembro, garantíndose os servicios mínimos de cada empresa mediante quendas deste persoal a xornada partida.

7. En cada centro de traballo, a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel de convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Artigo 25º.-Vacacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio, sexa cal sexa a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais de duración. Con vixencia exclusiva para 1999, para efectos de adapta-la xornada ás 1.760 horas anuais acordadas, desfrutaranse 21 días laborables, iniciándose en calquera caso, o seu desfrute en día laborable.

2. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa, só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

3. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cause baixa na empresa no transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas correspondentes a todo o contrato en vigor, como concepto de liquidación pola súa baixa na empresa.

4. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

5. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade temporal, a duración desta computarase como días de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

6. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

7. A retribución das vacacións consistirá na cantidade fixa establecida na táboa salarial anexa, máis a antigüidade consolidada, se é o caso.

A dita táboa anexa é o resultado da suma de once mensualidades de salario, máis vacacións e dividido todo entre doce.

Artigo 26º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo do aviso de polo menos 48 horas, salvo acreditada urxencia e xustificación posterior, atópase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se atopen vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e o tempo seguinte:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Matrimonio de fillos/as ou irmáns/ás: 1 día natural. Se se produce fóra da provincia onde o traballador/a ten o seu centro de traballo: 2 días naturais.

c) Enfermidade grave do cónxuxe ou compañeiro/a de se-lo caso, pais, ou fillos/as: 6 días naturais. Fóra da provincia: 7 días natuxais.

d) Enfermidade grave de irmáns: 2 días naturais.

e) Maternidade da esposa (ou compañeira se é o caso): 6 días naturais.

f) Morte do cónxuxe (ou compañeiro/a, se é o caso) pais ou fillos/as: 4 días naturais.

g) Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos/as políticos/as: 2 días naturais.

h) Morte de irmáns/ás políticos, tíos/as, e tíos/as políticos:1 día natural.

i) Traslado de domicilio habitual: 3 días naturais. Fóra da provincia: 5 días naturais.

Artigo 27º.-Axuda de custo.

A contía das axudas de custo será a seguinte:

-Axuda de custo completa: 3.203 ptas.

-Axuda de custo media: 1.270 ptas.

Artigo 28º.-Xubilación.

Recoñécense tres clases distintas de xubilación:

a) Xubilación voluntaria anticipada: os traballadores que teñan cumpridos 63 anos, e non teñan 65 cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á percepción das indemnizacións económicas que se establecen a continuación en función da idade do traballador e dos seus anos de antiguidade na empresa:

Antigüidade na empresaIdadeMeses de indemnización

2 a 5 anos632 meses
6 a 10 anos633 meses
11 a 20 anos634 meses
21 a 30 anos635 meses
Máis de 30 anos636 meses

2 a 5 anos641 mes
6 a 10 anos642 meses
11 a 20 anos643 meses
21 a 30 anos644 meses
Máis de 30 anos645 meses

As cifras da columna da dereita indican o numero total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2. Os requisitos necesarios para que naza tal dereito son os seguintes:

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre a empresa e o traballador xubilable.

O acordo reflectirase por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme á táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, de servicio ininterrompido na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda, en todo caso, segundo a táboa anterior, comprometerá ó empresario a dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que lle faltase ó xubilable para cumpri-los 65 anos. A contratación do traballador substituto deberá facerse conforme a unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada momento, pola lexislación vixente, e á súa vez, cos seguintes condicionamentos:

a) Que non exista na empresa persoal fixo dispoñible, en expectativa de destino ou realizando outras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida.

O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá ser comunicado de inmediato, se é o caso, ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituído farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4. No caso de que a indemnización pactada entre a empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituído poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

b) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Aplicarase o disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

c) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector e con independencia das dúas clases de xubilación a que se refiren os apartados inmediatamente anteriores, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Aqueles traballadores que se xubilen ós 65 anos de idade, cunha antigüidade na empresa superior ós 10 anos e inferior a 30, percibirán un premio de xubilación consistente en dúas mensualidades, que se incrementarán a dúas mensualidades e media cando a antigüidade sexa superior a 30 anos.

A xubilación ós 64 anos, segundo establece o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, concede idénticos dereitos de se-lo caso.

Artigo 29º.-Roupas de traballo.

As empresas facilitarán roupas de traballo ó persoal segundo se especifique para cada sección e das que a duración mínima será a que se sinala en cada caso:

Pezas de roupaParque, bloques

e teares

Aserradoiros

e pulidoras

Fundas e traxes 4 meses 4 meses
Mandís 4 meses 4 meses
Botas 4 meses 4 meses
Guantes 1 mes 1 mes
Zocos 12 meses 12 meses

Pezas de roupaCortadoras e acabadosServicios auxiliares

Fundas e traxes 4 meses 4 meses
Mandís 4 meses
Botas 4 meses 4 meses
Guantes 1 mes 1 mes
Zocos 12 meses

Por cada peza de roupa non entregada nos prazos sinalados, o traballador poderá reclamar á empresa, e esta aboará as seguintes cantidades:

-Funda ou traxes: 5.050 ptas.

-Mandís: 2.529 ptas.

-Botas: 2.041 ptas.

-Guantes: 999 ptas.

-Zocos: 4.033 ptas.

A entrega das botas excluirá a dos zocos e viceversa.

Artigo 30º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio consideran conveniente como regra xeral erradica-lo pluriemprego. Para eses efectos consideran necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estaren xa afiliados a outra empresa.

Para coadxuvar ó obxectivo de controla-lo pluriemprego considerarase esencial o cumprimento exacto do requisito de dar a coñecer ós representantes legais dos traballadores, e á súa solicitude, os boletíns de cotización á Seguridade Social así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64, 1.5 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.-Recibos de salarios.

De conformidade co previsto no artigo 1 da Orden do 27 de decembro de 1994, o recibo individual de salarios ó que se refire o punto 1 do artigo 29 do Estatuto dos traballadores, axustarase, en principio,

ó modelo establecido en cada empresa, sen prexuízo de que por acordo entre a empresa e os representantes legais dos traballadores se estableza outro modelo distinto nos termos previstos legalmente.

Artigo 32º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do Acordo Interprofesional Galego sobre procedimentos extraxu

diciais de solución de conflictos de traballo (AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do presente convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Disposición adicional

O presente convenio colectivo será redactado nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e publicado na mesma forma no BOP.

ANEXO

Táboa de salarios ano 1999

CategoríasSalario basePagas extras e vacaciónsCompl.

asistencia

IncentivoCompl.

transporte

MarmoleríasRestoMarmoleríasResto

-Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos129.887182.735182.7355.850683
Profesores mercantís, técnicos

titulados, graduados sociaiss

129.887182.735182.7355.850683
ATS, mestres de ensino,

mestres industriais

125.798177.053177.0535.850683

-Administrativos
Xefe de primeira127.200179.000179.0005.850683
Xefe de segunda114.348161.138161.1385.850683
Oficial de primeira106.000149.533149.5335.850683
Oficial de segunda97.663137.945137.9455.850683
Auxiliares telefonistas92.345130.549130.5495.850683
Aspirantes72.761103.332103.3325.850683

-Técnicos non titulados
Encargado xeral121.408172.571172.5715.850683
Delineante superior114.348161.138161.1385.850683
Delineante de primeira106.000149.533149.5335.850683
Delineante de segunda99.844140.974140.9745.850683
Calcador92.345130.549130.5495.850683

-Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado92.458130.709130.7095.850683
Persoal de limpeza92.458130.709130.7095.850683
Xefe de almacén92.458130.709130.7095.850683
Botóns de 16 anos63.63290.64090.6405.850683
Botóns de 17 anos68.94597.44097.4405.850683
Almaceneiro92.458130.709130.7095.850683

-Operarios
Encargado de obra/xefe taller3.4314.8714.9765.85098481683
Capataz-capataz de cadrilla3.3184.7124.8175.85098481683
Contramestre3.2614.6364.7405.85098481683
Oficial de primeira3.2384.6024.7095.85098481683
Oficial de segunda3.1784.5204.6255.85098481683
Oficial de terceira-axudante3.1264.4484.5515.85098481683
Peón especialista3.0974.4084.5115.85098481683
Peón3.0834.3864.4925.85098481683
Aprendiz ou pinche de 16 anos2.2403.2163.3225.85098481683
Aprendiz ou pinche de 17 anos2.2893.2843.3895.85098481683

Antigüidade consolidada ó día 21 de novembro de 1996

Categoría2 anos3 anos4 anos5 anosCada ano máis

-Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos5.8778.81611.75514.1062.351
Profesores mercantís, técnicos titulados, graduados sociais5.8778.81611.75514.1062.351
ATS, mestres de ensino, mestres industriais5.6888.53211.37613.6512.275

-Administrativos
Xefe de primeira5.7538.62911.50613.8072.301
Xefe de segunda5.1587.73710.31712.3802.063
Oficial de primeira4.7727.1589.54411.4531.909
Oficial de segunda4.3866.5798.77310.5271.755
Auxiliares telefonistas4.1406.2108.2809.9361.656
Aspirantes3.2344.8516.4687.7621.294

Categoría2 anos3 anos4 anos5 anosCada ano máis

-Técnicos non titulados
Encargado xeral5.4858.22710.97013.1642.194
Delineante superior5.1587.73710.31712.3802.063
Delineante de primeira4.7727.1589.54411.4531.909
Delineante de segunda4.4876.7318.97410.7691.795
Calcador4.1406.2108.2809.9361.656

-Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado4.1456.2188.2919.9491.658
Persoal de limpeza4.1456.2188.2919.9491.658
Xefe de almacén4.1456.2188.2919.9491.658
Botóns de 16 anos2.8124.2175.6236.7481.125
Botóns de 17 anos3.0574.5866.1157.3381.223
Almaceneiro4.1456.2188.2919.9491.658

-Operarios
Encargado de obra/xefe taller15423230937162
Capataz-capataz de cuadrilla14922429835860
Contramestre14722029335259
Oficial de primeira14521829134958
Oficial de segunda14321428534257
Oficial de terceira-axudante14021028133756
Peón especialista13920827833356
Peón13820727733255
Aprendiz ou pinche de 16 anos9914919923840
Aprendiz ou pinche de 17 anos10215220324441