Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1999, do Servicio de Estructuras Rurais de Pontevedra, pola que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución na zona de concentración parcelaria dos Panascos (Tomiño-Pontevedra).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona dos Panascos (Tomiño-Pontevedra) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 20 de novembro de 1999. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia). No caso de que algún propietario non permita, no prazo indicado, a toma de posesión dos novos predios, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa tal e como establece o artigo 45 da devandita lei.

Os interesados poderán reclamar ante esta xefatura, sita na rúa Benito Corbal, 47-7º de Pontevedra,

xuntando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, no prazo de 30 días contados desde o día 21 de novembro de 1999 (artigo 46 de la Lei de concentración parcelaria de Galicia).

Para os efectos oportunos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos: ata o día 20 de novembro de 1999.

b) Os restantes predios: no momento de seren retiradas as colleitas que estivesen pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre contribuínte e adxudicatario. En caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de contribución no prazo de seis meses contados a partir do día 21 de novembro de 1999, logo de petición, á Xefatura do Servicio de Montes e Industrias Forestais, do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da Consellería de Medio Ambiente, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ó propietario do novo predio.

Pontevedra, 1 de outubro de 1999.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais

de Pontevedra

Visto e prace

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra