Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/363-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío L.M.T. e C. seccionamento Indugasa-zona franca.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., aerosubterránea, a 15 kV, de 110 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-110, y 1.580 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio D-4 da L.M.T. Bal 7.04 e 7.02 ata o centro seccionamento proxectado na zona franca do concello de Vigo, rematando na L.M.T. existente a Indugasa. L.M.T subterránea, a 15 kV, de 145 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o final do tramo aéreo mencionado anteriormente, ata o C.T. existente de Citroën V, concello de Vigo. Centro de seccionamento con tres celas de liña C.M.L.-SF6, situado na zona franca.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra