Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/361-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. polígono industrial Dozón.

Situación: Dozón.

Descricións técnicas: L.M.T., aerosubterránea, a 20 kV, de 1.149 m de lonxitude o tramo aéreo, con

conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 55 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. Rodeiro ata apoio 9 da L.M.T. que se proxecta, desde onde continúa en subterráneo ata o C.T. que se proxecta no polígono industrial de Dozón, concello de Dozón. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra