Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.772

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de outubro de 1999 pola que se autoriza o centro privado de formación profesional específica Ica de Vigo para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado de formación profesional específica Ica de Vigo, solicitando autorización definitiva para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 1660/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en administración de sistemas infomáticos, Decreto 224/1997 (DOG do 22 de agosto) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en administración de sistemas informáticos, Real decreto 1661/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros

docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado de formación profesional específica Ica de Vigo para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior que se especifican no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que por esta orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo esto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: r/ Portela, 12.

Código do centro: 36024082.

Denominación específica: centro de formación profesional específica Ica.

Titular: Mª Carmen Martínez Sánchez e José Ramón López Vázquez.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: informática.

-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 20 postos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 postos/unidade).