Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o estudio ambiental, a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, a aprobación do proxecto de execución e o proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico Álabe-Ventoada. (Expediente 039-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico Álabe-Ventoada.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A., praza de Ferrol, nº 6, 27001 Lugo.

Situación: concello de Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.611.034, 4.810.987), V (0.611.248, 4.811.300)

V (0.612.224, 4.811.300), V (0.612.862, 4.811.931)

V (0.611.954, 4.812.333), V (0.612.265, 4.812.789)

V (0.613.559, 4.812.270), V (0.613.700, 4.812.700)

V (0.614.180, 4.812.000), V (0.613.960, 4.811.738)

V (0.612.256, 4.810.551)

Características técnicas do parque eólico.

-Nº de aeroxeradores: 33.

-Potencia nominal unitaria: 750 kW.

-Potencia total instalada: 24,75 MW.

-Tipo de aeroxerador: NEG-MICON NM750/44.

-Producción neta anual estimada: 77.682 MWh/ano.

-Orzamento total: 3.296.116.662 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión.

-33 aeroxeradores tipo NEG-MICON NM750/44 de 750 kW de potencia nominal unitaria.

-33 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recolla de media tensión.

-6 centros de recolla de media tensión para optimización de transporte de enerxía dotados cada un de transformador para servicios auxiliares e da súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recolla de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Álabe-Ventoada, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25/27 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares.

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.) Superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio.

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70 (27071 Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Álabe-Ventoada poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e Concello de Muras, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 21 de outubro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Parque eólico Álabe-Ventoada

Termo municipal de Muras

PREDIOPROPIETARIOAFECCIÓN (m)

Nº en

plano

Usos do soloParaxeNomeEnderezoS.E.S.P.S.V.P.E.O.T.(*)

1

Monte baixo

Camposa

da Xistra

Copropietarios de parcelas 1, 2, 3:

Mª Josefa Reigosa Graña

Hipólito Carballido Graña

Antonio Reigosa Graña

Fonqueixeira-A Balsa Muras (27836 Lugo)

Casalousada-A Balsa Muras (27836 Lugo)

A Balsa-Muras (27836 Lugo)

0,00

193,67

0,00

196,92

129,41

2

Monte baixo

Camposa

da Xistra

José Camba Camba

Tomás Camba Carballido

María Trastoy Camba

Casalousada nº 2-A Balsa Muras (27836 Lugo)

Orxás-A Balsa Muras (27836 Lugo)

Currás-A Balsa Muras (27836 Lugo)

0,00

429,60

223,16

1007,76

207,53

3

Monte baixo

O Castelo

Jesús Reigosa Graña

Mª Antonia Reigosa Graña

Emilio Chao Trastoy

Enrique Chao Trastoy

Jesús Chao Trastoy

Fonqueixeira-A Balsa Muras (27836 Lugo)

Enderezo descoñecido

Suapena, 1-A Balsa Muras (27836 Lugo)

Orxás, 4-A Balsa Muras (27836 Lugo)

Malcan-S. Simón da Costa Vilalba (27816 Lugo)

547,16

5307,72

1059,56

3784,49

1954,93

4Monte baixoO CasteloSerafín Fernández PalmeiroFonqueixeira, 3-A Balsa Muras 27836 Lugo501,71591,281569,577843,45857,91

5Monte baixoRego do CasteloMª Josefa Reigosa GrañaFonqueixeira-A Balsa Muras 27836 Lugo2356,2216228,011525,0910868,7910486,16

6Monte baixoTalmante

Xabarido

Descoñecido3930,3912211,485085,1627842,849922,95

7Monte baixoLombo de

Porcos

Emilio Chao TrastoySuapena, 1-A Balsa Muras 27836 Lugo4061,2337999,855472,9728352,1318701,47

8

Monte baixo

Pena do

Lobo

Jesús Reigosa Graña

María López Rodríguez

Jesús López Rodríguez

José López Rodríguez

Fonqueixeira-A Balsa Muras (27836 Lugo)

Vilariño-A Balsa Muras (27836 Lugo)

Montouto-Abadín (27737 Lugo)

Pau Clari nº 77-baixos (08010 Barcelona)

1257,26

1217,44

1149,43

5898,26

1206,88

9Monte baixoRego dos

Mosqueiros

Antonio Reigosa GrañaA Balsa-Muras 27836 Lugo0,00130,940,000,006687,94

10Monte baixoRego dos

Mosqueiros

Mª Antonia Reigosa GrañaEnderezo descoñecido1654,131275,08338,374500,881182,91

11Monte baixoRego dos

Mosqueiros

Descoñecido399,36264,34662,963644,85426,03

12Monte baixoRego dos

Mosqueiros

Mª Josefa Reigosa GrañaFonqueixeira-A Balsa Muras 27836 Lugo1163,721913,011113,604720,613125,34

13Monte baixoFurapedraMª Antonia Reigosa GrañaEnderezo descoñecido0,00544,220,00208,34428,39

14Monte baixoFurapedraAquilino Cuba CambaFerreiros-A Balsa Muras 27836 Lugo471,103133,93916,755070,022777,55

15Monte baixoFurapedraEmilio Chao TrastoySuapena, 1-A Balsa Muras 27836 Lugo3357,302690,371892,3111428,176186,47

16Monte baixoO CasteloAntonio MarchalA Regueira Andrade, s/n-Pontedeume 15600 A Coruña0,00586,1618,81479,95320,00

17Monte baixoO CasteloAntonio MarchalA Regueira Andrade, s/n-Pontedeume 15600-A Coruña3856,2024523,638207,9343692,807861,23

19

Monte baixo

A Besia

M.V.M.C. de A Balsa

Presidente José Trastoy Reigosa

Hidroener, S.A. (dereito de superficie)

Fonqueixeira-A Balsa Muras 27836 Lugo

R/ Ribadeo, 2-entresollado (27002 Lugo)

2595,59

24302,68

6156,83

28272,61

15007,12

(1)

20Monte baixoRego

Traveso

Serafín Fernández PalmeiroFonqueixeira, 3-A Balsa Muras 27836 Lugo0987,75100,001253,01

22Monte baixoFurapedraJesús Chao TrastoyMalcán-S. Simón da Costa Vilalba 27816 Lugo896,78326,650,000,002840,28

23Monte baixoFonte

Ruxidora

Descoñecido0,001105,130,000,00714,28

25Monte baixoPenas

Sardiñeiras

Consuelo Graña GrañaFerreiro, 2-A Balsa Muras 27836 Lugo0,000,000,00717,9865,59

26Monte baixoPenas

Sardiñeiras

Carmen Camba CarballidoOrxás-A Balsa Muras 27836 Lugo510,301056,3693,101038,38906,68

27Monte baixoPenas

Sardiñeiras

Celia Montouto FuncastaIgrexa-A Balsa Muras 27836 Lugo582,64879,6980,90476,66709,93

28Monte baixoFonte

Ruxidora

Descoñecido307,601629,36541,631099,09901,31

29Monte baixoFonte

Ruxidora

José Antonio Moutouto Reigosa

Josefa Funcasta Camba

O Carreiro, 3-A Balsa Muras 27836 Lugo0,00806,27253,741019,75746,64

30Monte baixoFoxoDescoñecido0,00255,570,000,002284,03

31Monte baixoTumuidoEladio Camba López

Josefa Camba López

Castro, 1-A Balsa Muras (27836 Lugo)

Vilapedre-Vilalba (27816 Lugo)

0,001034,900,000,00788,65

32Monte baixoTumuidoDescoñecido0,001672,330,0075,0971,14

33Monte baixoTumuidoBenedicta Cabana FreirePardiñas, 1-A Balsa Muras 27836 Lugo189,524020,56753,255206,232739,35

PREDIOPROPIETARIOAFECCIÓN (m)

Nº en

plano

Usos do soloParaxeNomeEnderezoS.E.S.P.S.V.P.E.O.T.(*)

34

Monte baixo

Tras da Pena

da Modia

Tras do

Tumuido

Descoñecido

1097,50

1334,91

217,75

2921,05

1113,91

35Monte baixoTras da

Pena da Modia

Mª Josefa Eladina Castro ChaoOs Carrís-A Balsa Muras 27836 Lugo885,2894,29309,762472,40548,59

36Monte baixoTras da

Pena da Modia

Alicia Chao CambaOs Carrís, 1-A Balsa Muras 27836 Lugo558,03522,0452,77969,56577,60

37Monte baixoTumuidoGermán Ramudo Vázquez

Antonio Ramudo Vázquez

A Pereira-Viveiró Muras (27836 Lugo)

A Pereira-Viveiró Muras (27836 Lugo)

181,165077,881935,328635,802650,30

38Monte baixoTumuidoIsabel Carballido InsuaOs Carrís-A Balsa Muras 27836 Lugo41,810,00520,362567,01155,69

39Monte baixoTumuidoHerminia Camba CambaA Pereira-Viveiró Muras 27836 Lugo949,230,0059,081003,45313,28

66

Monte baixo

Tras do

Pico da

Pena da Modia

Germán Montouto Reigosa

José Montouto Reigosa

Ferreiro-A Balsa Muras (27836 Lugo)

Currás-A Balsa Muras (27836 Lugo)

913,85

332,61

786,69

3653,97

542,77

67

Monte baixo

Tras do

Pico da

Pena da Modia

Elías Otero Camba

Manolo Otero Camba

José Otero Camba

Carmen Otero Camba

Digna Otero Camba

Bouza nº 1-Vilapedre Vilalba (27816 Lugo)

Enderezo descoñecido

Enderezo descoñecido

Enderezo descoñecido

Enderezo descoñecido

0,00

0,00

0,00

86,81

0,00

68Monte baixoTumuidoAmparo Camba CubaTaboi-A Balsa Muras 27836 Lugo0,000,000,0076,590,00

69Monte baixoTumuidoEliseo Hermida Hermida

María Hermida Hermida

Os Pereiros-A Balsa Muras (27836 Lugo)

Os Pereiros-A Balsa Muras (27836 Lugo)

0,000,0029,79635,310,00

70Monte baixoTumuidoOliva Hermida HermidaO Castro-A Balsa Muras 27836 Lugo0,000,00153,25474,6631,67

75Camiño existenteDescoñecido314,6814716,76676,262082,53808,84

76Monte baixoDescoñecido0,000,000,001302,223601,17

(1) Expropiación do dereito de superficie constituído a favor de Hidroener, S.A.

S.E.= superficie expropiación.

S.P.= servidume paso.

S.V.= superficie voo.

P.T.= superficie protección eólica.

O.T.= ocupación temporal.