Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/258-4 ).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.

Domicilio social: Gondar, 36612 Catoira.

Denominación: L.M.T. e C.T. Fontán-Gondar.

Situación: Catoira.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo subterránea, a 20 kV, de 42 m de lonxitude o tramo subteráneo, con conductor tipo R.H.V., e 343 m de lonxitude o tramo eáreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. ó C.T. Gondar ata o C.T. que se proxecta en Fontán-Gondar, concello de Catoira. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

A asociación de veciños de Gondar, do concello de Catoira, presenta alegacións manifestando que a empresa pretende realiza-la liña subterránea xustamente por debaixo ou a menos de 1 m da traída comunal de augas dos veciños de Gondar, polo que se opoñen ó trazado da liña.

Considerando conveniente o concello de Catoira na relación de condicións solicitada por esta delegación, en cumprimento do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, que o cruzamento coa estrada local Catoira-Gondar se fixera subterráneo, sempre que non afecte as conduccións existentes de auga dos veciños de Gondar, así como a futura rede de sumidorios e, considerando que no existe regulamentación que impida que a conducción eléctrica baixo tubo discorra a 1 m, como din os alegantes, da conducción de auga.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá

interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 19 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra