Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública, en cumprimento do artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, a adxudicación da contratación de comedores escolares, curso 1999/2000, a favor das empresas hostaleiras que se citan.

Por Resolución do 15 de xuño de 1999, esta consellería aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares de prescricións técnicas e por outra do 21 de xuño de 1999, aprobouse o gasto e a apertura do procedemento aberto e mediante a forma de concurso por tramitación urxente de contratación do servicio de comedores escolares.

A contratación do concurso anunciouse no Diario Oficial de Galicia nº 122, do 28 de xuño de 1999.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais lexislación aplicable, con data 19, 20, 26 e 29 de xullo pasado reuníronse as mesas de contratación de Lugo, Ourense, Pontevedra e A Coruña, respectivamente, e unha vez examinadas as propostas económicas e documentación complementaria, e tendo en conta as propostas de adxudicación, esta consellería resolveu adxudicar-los servicios ás seguintes empresas:

EmpresaData Adxud.ServicioImporte

Campos Queijo María29-7-1999CEIP A Silva, Cerceda 5.632.200

Almoina Álvarez Alfredo27-7-1999CEIP Viveiro, Viveiro 5.034.710

Aira Vencín Mª Dolores27-7-1999CIP Pedrafita do Cebreiro 5.699.250

Parada Pereiro Vicente27-7-1999IES Val do Asma, Chantada 6.332.500

Escudero Onega Nieves27-7-1999IES Pontenova, Vilaoludriz 7.003.000

Almoina Álvarez Alfredo27-7-1999IES Mª Sarmiento, Viveiro 8.868.480

Lacra Cabarcos Ubaldo27-7-1999IES Basanta Silva, Vilalba14.310.720

Com. Colec. de Celis, S.L.27-7-1999IES Becerreá, Becerreá 9.052.495

Parada Pereiro Vicente27-7-1999IES Daviña Rey,

Monforte de Lemos

11.063.250

Eurest Colectivid., S.A.27-7-1999IES A Pastoriza, Lugo10.805.778

Parada Pereiro Vicente27-7-1999IES A Pinguela,

Monforte de Lemos

10.877.000

Gastron. do Noroeste20-7-1999IES Xinzo de Limia, Ourense 6.579.000

Hostal Exclavo20-7-1999IES do Carballiño, Ourense10.042.750

Gastron. do Noroeste27-7-1999IES de Silleda, Pontevedra 5.380.800

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria