Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.744

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1999 pola que se anuncia a publicación das cualificacións da proba teórico-práctica do proceso selectivo para a contratación laboral, con carácter indefinido, de persoal da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos e o lugar e a data de realización da entrevista persoal.

A comisión de selección ten que garanti-lo requisito de publicidade de todo o devandito proceso selectivo para salvagarda-los dereitos de tódolos candidatos.

A comisión de selección ten que manter unha coherencia global na tramitación do devandito proceso selectivo e desde o seu inicio foron publicándose no Diario Oficial de Galicia tódalas resolucións que o afectaban.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Primeiro.-De conformidade coas bases da convocatoria do proceso selectivo anúnciase que as cualificacións da proba teórico-práctica estarán expostas desde a data desta resolución no taboleiro de anuncios da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos na súa sede na avenida Rodríguez de Viguri 47, baixo B, de Santiago de Compostela.

Segundo.-A entrevista persoal terá lugar o día 3 de novembro de 1999 a partir das 17 horas na sala de xuntas da Comisión Superior de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela. Os candidatos deberán comparecer á entrevista provistos do documento nacional de identidade.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente da Comisión de Selección