Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.703

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 4 de outubro de 1999 para a convocatoria de dúas prazas de persoal laboral fixo.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:

a) Posto: profesor de idiomas-alemán (Ref. AL-1299).

1. Funcións principais: dependendo do responsable do departamento, preparará e impartirá as materias do idioma alemán, incluíndo o material docente, así como a impartición de clases e a avaliación de alumnos.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Titulación universitaria.

-Estadía de 1 ano en país onde o alemán sexa idioma oficial.

-Experiencia docente de 1 ano.

-Dominio de alemán oral e escrito.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos de inglés e francés.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame oral e escrito de alemán (eliminatorio).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 97.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

b) Posto: profesor de prácticas de cociña (Ref. COC-1399).

1. Funcións principais: sempre baixo a supervisión do responsable do departamento, colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación en cociña (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos), así como coordina-la formación coa xestión dos puntos de venda do CSHG.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia docente.

-Experiencia profesional na área de 18 meses, dos que un mínimo de 6 serán como 2º de cociña (ou posto superior).

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Coñecementos de inglés e/ou francés.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame eliminatorio de coñecementos da área (ver temario anexo).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 97.

-Proba escrita e oral de inglés e/ou francés.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

c) Documentación que hai que presentar.

-Solicitude por posto ó que se opta, indicando a referencia, dirixida ó director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

-Certificación académica que indique as cualificacións obtidas na titulación requirida e o número de convocatorias por materia.

d) Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

e) Selección.

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1999.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.

ANEXO

Profesor de prácticas de cociña

Proba de coñecementos.

1. Equipamento e maquinaria en cociña.

2. Tratamento dos alimentos.

3. Fondos e salsas.

4. Métodos de cocción.

5. Hixiene en cociña.

6. Organización do traballo e a brigada de cociña.

7. Elaboración e planificación de menús e cartas.

8. Recepción de mercadorías e almacenado.

9. Xestión de stocks.

10. Control de custos en cociña e fixación de prezo de venda.