O Pleno Municipal, na sesión do día 18 de outubro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente o plan especial de adecuación dos terreos da antiga batería de costa do Monte de San Pedro.
O que se publica para xeral coñecemento, significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición perante o propio órgano que dictou a resolución no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou, noutro
caso, ou de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
A Coruña, 10 de outubro de 1999.
O alcalde
P.D.
Rubricado