Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Nº de expediente: 32/1992.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento da praza da Mariña en Cariño.

b) Lugar de execución: concello de Cariño.

c) Prazo de execución (meses): dous.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

Cinco millóns duascentas cincuenta e catro mil cento sesenta e oito pesetas (5.254.168), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 105.083 ptas.

Definitiva: 210.167 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Cariño.

Enderezo: praza da Pulida, nº 11.

Localidade e código postal: 15360 Cariño.

Teléfono: 981 40 50 64.

7. Clasificación do contratista:

Non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 11 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que haberán de rexe-la contratación de obras, mediante poxa con procedemento aberto, do Concello de Cariño (BOP nº 207 do 7-9-1996).

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Cariño (rexistro xeral).

2ª Enderezo: praza da Pulida nº 11.

3ª Localidade e código postal: 15360 Cariño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura das proposicións (artigo 90 LCAP).

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: 12 horas.

10. Gastos dos anuncios:

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

En Cariño, 20 de outubro de 1999.

Fernándo Tallón Cabana

Alcalde