Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador P-22/1999, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número P-22/1999, contra José Alfilio Vales García, titular do establecemento denominado Café de Harold e a empresa operadora Recreativos Mafari, S.A. por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-la proposta de resolución por resultar descoñecido o domicilio de José Alfilio Vales García.

Proposta de resolución.

Primeiro.-Sanciona-la empresa operadora Recreativos Mafari, S.A., solidariamente cos seus xerentes ou apoderados, cunha multa de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.), como reponsable da infracción administrativa grave especificada no fundamento xurídico terceiro desta proposta de resolución.

Segundo.-Sancionar a José Alfilio Vales García, titular do establecemento denominado Café de Harold, sito en r/ Joaquín Costa, número 28 do concello de Pontevedra, con multa de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.) como responsable da infracción administrativa grave especificada no fundamento xurídico terceiro desta proposta de resolución.

Fronte a esta proposta de resolución poderán os interesados, no prazo de oito días a partir do seguinte a súa notificación, alega-lo que ó seu dereito conveña, de conformidade co establecido no artigo 7.2º d) da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

Pontevedra, 9 de setembro de 1999.

Juan Girón Astray

Instructor