Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 20 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se lle notifica á axencia de viaxes Viajes Franqueira, S.L., sita no edificio Área Central-Polígono das Fontiñas, local L-32F, de Santiago de Compostela, o acordo de iniciación do expediente de revogación do seu título-licencia.

Pola presente cédula notifícaselle ó titular da axencia de viaxes, Viajes Franqueira, S.L. a través do seu representante legal, cos datos e últimos enderezos que se sinalan no anexo que se xunta, que a inspección adscrita a esta Dirección Xeral de Turismo constatou que a devandita axencia non exerce a actividade desde hai máis de 3 anos, destinándose o mesmo local a outra actividade distinta.

Tendo en conta que de acordo co establecido no artigo 12 a) do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, é causa de revogación do título-licencia non mante-la actividade de axencia ó longo dun ano continuado sen causa xustificada, esta dirección xeral acordou inicia-lo expediente de revogación do título-licencia da dita axencia, de conformidade co establecido no artigo 12 do referido decreto.

O interesado disporá dun prazo de 15 días para efectua-las alegacións que coide pertinentes, podendo examina-lo expediente de obter copia dos documentos contidos nel, na Dirección Xeral de Turismo.

Para os efectos de que lle sirva de notificación ó titular da mencionada axencia de viaxes, en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1993, do 13 de xaneiro, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 20 de setembro de 1999.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

ANEXO

Axencia de viaxes: Viajes Franqueira, S.L.

Representante legal: Carlos Elizchea Pazos.

Últimos enderezos coñecidos:-Edf. Área Central-Polígono das Fontiñas, local L-32F, Santiago de Compostela.-Camiño Francés, 4-baixo, Santiago de Compostela.