Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, da contratación das obras da 2ª fase da intervención na torre do castelo de Vilaxoán, torre de Caldaloba, Cospeito (Lugo).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da seguinte contratación:

-Obras da 2ª fase da intervención na torre do castelo de Vilaxoán, torre de Caldaloba, Cospeito (Lugo).

-Orzamento de licitación: doce millóns cento trinta e cinco mil cento oitenta e oito pesetas (12.135.188 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: tres meses (3).

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas e o proxecto de obra estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se tramitan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo