Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 30 de setembro de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan aumentos de base impoñible pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Alonso Rial, Florentino e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aumentos de base impoñible pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 30 de setembro de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado provincial de Vigo

ANEXO

Interesado: Alonso Rial, Florentino.

DNI: 35.945.918.

Domicilio: Pza. Eugenio Fadrique, 10-5º E, Vigo.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 18522/95. Afectado polo artigo 14.7º R.D. 1/1993.

Interesado: Davila Covelo Leonardo.

DNI: 35.845.317.

Domicilio: Avda. Beiramar, 17, Vigo.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 18522/95. Afectado polo artigo 14.7º R.D. 1/1993.