Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.683

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE SARRIA

EDICTO (132/1999).

En méritos do acordado nesta data no expediente de declaración de falecemento nº 132/1999, seguido ante este xulgado por instancia de Domingo Rey Neira, en relación con Antonio José Rey Neira, natural de San Xoán de Muro, concello de Láncara, nacido o día 17 de setembro de 1895, fillo de José e Juliana, que se ausentou do seu último domicilio a principios do mes de xaneiro de 1965, e non se tiveron noticias del desde aquela, ignorándose o seu paradoiro.

Mediante este edicto dáse público coñecemento deste, por se alguén soubese da existencia das persoas das que se pretende a declaración de falecemento, para os efectos legais que correspondan.

E para que así conste, expídese este edicto en Sarria, o vinte de xullo de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado